miércoles 10 de junio de 2009

Pilas de botón sen mercurio!!!
































Visto en tuexperto.com.
Sony creou unhas novas pilas de botón alcalinas baseadas en manganeso e que teñen un cero por cento de mercurio. Estas pilas, que serán postas á venda a finais de ano, prometen reducir o impacto da tecnoloxía no medio ambiente. Aínda que veremos que teñen que dicir as organizacións ecoloxistas sobre o manganeso. De entrada, rastrexando a web, atopamos un documento de Greenpeace que alerta sobre os perigos do manganeso na saúde. ?A exposición a niveis de manganeso moi altos durante longo tempo ocasiona perturbacións mentais e emocionais, e provoca movementos lentos e faltos de coordinación?.
Sexa como sexa, aparezan ou non pilas máis ecolóxicas, de momento non vos esquezades de BOTAR AS PILAS NO CONTENEDOR AXEITADO.

sábado 2 de mayo de 2009

E despois do Silicio... chega o Grafeno


O outro día lin un artigo moi interesante no País acerca dun novo material de Carbono en estado puro que permitirá facer chips dun átomo de espesor capaces de transmitir a velocidades de TeraHerzios (1 Tera= 1billón). Esta tecnoloxía está sendo desenrolada no MIT por un investigador español, Javier Palacios.

Comeza a funcionar en España a maior torre solar do mundo.



Deixo un enlace á noticia tal e como a vín en microsiervos.
Anímovos tamén a que o atopedes no Google Earth, nós fixémolo na clase en enerxías, e penso que é impresionante.

lunes 13 de abril de 2009

Desaladoras

Cómo funciona unha desaladora.
http://www.muyinteresante.es/desaladora/index.html

lunes 9 de febrero de 2009

Os metais. Canal historia

miércoles 21 de enero de 2009

Videos sobre propiedades dos materiais.



Lista de reproducción de videos do "tu tubo" sobre a enxeñería de materiais, as propiedades dos mesmos e ensaios de materiais.

viernes 19 de diciembre de 2008

A cidade da enerxía


Energyville é o típico xogo flash no que tés que facer medrar a túa cidade e darlle enerxía. De paso comprobaremos o impacto económico, social e medioambiental das nosas decisións.

lunes 1 de diciembre de 2008

I+D+i galega de calidade.


Para que digades despois os mozos. Un físico galego de 70 anos crea un prototipo de acumulador de enerxía novidoso co que se consegue aproveitar toda a corrente eléctrica producida. O proxecto xa está patentado.
O investigador Gerardo Domarco da Facultade de Física de Ourense.
ligazón

jueves 6 de noviembre de 2008

Outro ano máis

Este ano ando liada cun aula virtual para TICS de 1º de bacharelato á que vos enlazo
http://centros.edu.xunta.es/iesfranciscoaguiar/moodle/course/view.php?id=4.
Tamén ando ca Tecnoloxía Industrial de 1ºBac e cun tecnoloxías de 4º ESO do que penso colgar cousas. Aínda así, o blog vai ter menos movimento, o sinto.
Perdón ós alumnos/as ós que non lles puxe as fotos. Se as pedides daréivolas con gusto.
Un saúdo.
A profe

jueves 31 de julio de 2008

Proxectos 2008


Unha moi boa noria, dunhas alumnas aínda máis boas.

E un eolo.

E un remero, remar, o que se dí remar....

O gusanito parecía unha idea moi sinxela e o final deunos moitíííísimo choio. Menos mal que teño alumnos e alumnas "cabezóns" que saben crecerse ante as dificultades, se é que cando alguén merece o 10 é porque o merece.

lunes 16 de junio de 2008

Proxectos 2008

Co permiso dos interesados, ahí van as primeiras fotos dos proxectos feitos este ano.
Dúas das autoras da barreira de garaxe de 2ºB. Proxecto de sobresaínte, alumnas sobresaíntes tamén.

Proxecto moi orixinal dun director de orquestra. Incorpora caixa de música e luces.

Grúa de diseño sinxelo, pero moi bó funcionamento.

Moi bó proxecto, e moi orixinal tamén. Representa unha presa.

O semáforo con bote programado, un clásico.

Outro clásico, o coche con mando. Este ano se nos deu por poñerlle luces de marcha adiante e de marcha atrás.

Dúas das autoras de outro modelo de grúa, a dificultade desta radica en que o mecanismo de elevación é un tornillo sen fin.

viernes 13 de junio de 2008

Tecnoloxía dos anos 80

Vía BDmundo, un interesantísimo documental feito polos de canal historia. Como moitos dos aparellos que empregamos tiveron o seu xermen en ideas desenroladas nos 80.

martes 3 de junio de 2008

Mecánica e traballos con madeira.

Aínda que está en inglés atopei unha páxina que ben paga a pena vela (pincha aquí). Inclúe un xerador de plantillas para fabricar engranaxes.
O que máis me gustou ó botar un vistazo por riba foi o tanque feito de madeira. Pedazo de proxecto!!! Quedade con él.


lunes 19 de mayo de 2008

Fundas cd origami

Se quedas sen funda de cd, que mellor que facela tí. E aínda mellor, que bó xeito de reciclar papel.



Paper CD Case - video powered by Metacafe

viernes 16 de mayo de 2008

Ferramentas

Pode ser unha boa idea incluir unha foto ou debuxo das ferramentas empregadas.
En galego tendes unha galería de imaxes con algunhas ferramentas do taller pinchando aquí.
En castelán, e moi recomendable, podemos acceder a un taller virtual de tecnoloxíaelexindo un grupo de ferramentas do taller nos saca outro taboleiro cas ferramentas máis comúns do grupo.e pinchando na ferramenta que queiramos temos outra ventá na que podemos elexir : definición, tipos, complementos, seguridade e galería de fotos. Vamos que as que teñades ahí os servirán de largo para axudarvos a facer a memoria.